jueves, 26 de febrero de 2009

Anuncio do 19 de febreiro de 2009 polo que se fai pública a resolución sobre o prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usu

Número do Dog: 40
Páxina do Dog: 4.140
Data da Disposición: 19 de febreiro de 2009
Sección: VI. ANUNCIOS. OUTROS ANUNCIOS
Organismo: CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR
Rango: Anuncio
Título: Anuncio do 19 de febreiro de 2009 polo que se fai pública a resolución sobre o prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das galescolas para o curso 2009-2010.
Anuncio do 19 de febreiro de 2009 polo que se fai pública a resolución sobre o prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das galescolas para o curso 2009-2010.De conformidade coa Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 19 de febreiro de 2009, anúnciase o prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as da Rede Galega de Escolas Infantís Galescolas que se detallan na dita resolución para o vindeiro curso 2009-2010.A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do Consorcio e na súa páxina web, www.igualdadebenestar.org, así como no taboleiro de edictos dos concellos e das galescolas.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2009.
Lois Pérez CastrilloXerente do Consorcio Galego de Servizosde Igualdade e Benestar

domingo, 15 de febrero de 2009

PLan de actividades para o grupo de 0-3 para a semana do 16 0 20 de febreiro 2009

Queridos nais e pais..¡¡¡ O entroido xa está aquí!!!!


Para celebralo a semana do 16 ao 20 de febreiro dedicarémola a dísfrazarnos, a xogar co cambio de imaxe, a ser outras personaxes. Proporcionandolles información aos cativos sobre o seu corpo e poñendolles roupa e outros elementos, de xeito cos nenos poidan contemplar a imaxe do seu corpo e as transformacións que éste pode experimentar.

Para iso necesitamos da vosa axuda. Cada día as nenas e nenos deberán traer posto un obxecto diferente para disfrazarse, de tal xeito que:

* Luns traeremos posto un GORRO (o mais vistoso posible)

*Martes unha GARABATA.

*Mércores pinterémonos a cara na aula.

*Xoves poderemos vír disfrazados do que queiramos.

*Venres ¡¡¡¡¡FESTA!!!! Todos co noso traxe de caramelo.

Lembrade traelo o disfraz de caramelo ao centro antes do vernes e ese día vide cas medias xa postas da casa.

Un saudo e grazas pola vosa colaboración.