lunes, 28 de enero de 2008

Festa de Entroido

O vindeiro venres, día 1 de Febreiro, teremos unha festa de entroido na escola. A festa será na sala de usos múltiples, de 10:30 a 11:30 e haberá xogos, charangas e unhas larpeiradas típicas destas datas. Tódolos nenos e nenas estarán disfrazados.
Os pais e nais estamos invitados! animádevos a participar.

domingo, 27 de enero de 2008

Celebración do Día Mundial da Paz

NON VOS ESQUEZADES DE ENTREGAR A AUTORIZACIÓN FIRMADA PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

jueves, 24 de enero de 2008

Clases de inglés

O pasado xoves, día 17 de Xaneiro, tivemos na escola una sesión informativa por parte do director da academia Language-Trainer de Santiago, que nos explicou a súa experiencia dando talleres de inglés a nenos e nenas de 1 a 3 anos, a metodoloxía que seguen e o custe deste servizo. Resumimos a continuación os puntos mais importantes da súa charla:

- A introducción dun segundo idioma aos nenos, ou terceiro se temos en conta o galego, pode facerse dende o nacemento e é acosnsellable facelo o antes posible.

- A academia imparte talleres de inglés nas garderías Os Picariños e Raiola, e conta cunha profesora nativa que ten experiencia como coidadora de nenos destas idades, tanto no seu país coma en España.

- A recomendación para introducir o inglés en estas idades é facer talleres con grupos moi reducidos, de 6 nenos máximo, e que as sesións non duren máis de media hora.

- As sesións consisten en actividades semellantes ás que fan os nenos/as na escola: xogos, cancións,..., pero todo en inglés. A academia emprega para esto material propio e da escola (pelotas, ...).

- É recomendable que os pais e nais reforcemos a aprendizaxe dos nenos poñéndolles na casa cancións ou debuxos animados. A academia ofrécenos a posibilidade de obter copias das súas cancións.

- Os prezos por neno e mes son os seguintes:

- 1 hora semanal: 23 € para grupos de 7 nenos ou menos, e 18 para grupos máis grandes.

- 2 horas semanais: 40 € e 30 €, respectivamente.


Por outra banda, contactamos con personal da academia Kith de Vigo, que tamén aceptarían impartir os talleres de inglés. As súas características son as seguintes:

- Esta academia imparte clases de inglés, como actividade extraescolar, en centros de Educación Infantil (4 e 5 anos) e Primaria de toda Galicia, aínda que non teñen experiencia en escolas infantís de 0-3 anos. En Santiago, dan clases no colexio La Salle.

- O perfil do seu personal corresponde a un docente que viviu anos no extranxeiro e ten un nivel de inglés moi elevado; non son nativos.

- O prezo é de 35 € mensuais por 2 horas semanais, e aínda que non precisaron exactamente o prezo que correspondería a 1 hora semanal, dixeron que sería algo mais da metade dos 35 €.

Tendo en conta toda esta información, decidimos decantarnos pola primeira academia, a Language-Trainer.

En resumo, o taller de inglés dirixido aos nosos nenos constaría de 2 sesións semanais de 1/2 hora ou, preferiblemente, 3 sesións semanais de 20 minutos con grupos reducidos de 6 ou 7 nenos. Polo tanto, o prezo sería de 23 € mensuais por neno. A organización exacta dos grupos dependerá do número de nenos que se apunten.

Manterémosvos informados.

Información de ludoteca

Estes días caeu mas miñas mans un folleto informativo dunha ludoteca, chamada Gazafello, e quixen compartilo con vos porque me pareceu moi interesante.

Esta ludoteca, que se atopa en Vista-Alegre, está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos, e ten toda a información sobre os servizos que ofrece e os prezos na súa páxina web:

Menús da escola do 28-Xaneiro ao 29-Febreiro

Os menús para as próximas 5 semanas son:

- 28 de Xaneiro-1 de Febreiro: Menú 1

- 4-8 de Febreiro: Menú 2

- 11-15 de Febreiro: Menú 3

- 18-22 de Febreiro: Menú 4

- 25-29 de Febreiro: Menú 5

¡Feliz 2008!

Con un pouco de retraso, desexámosvos a todos un feliz aninovo!

Recordamos con algunhas fotos a festa que tivemos o día 21 de decembro, e o ben adornada que nos puxeron a escola con motivo do Nadal. Dende aquí agradecemos o esforzo a Isabel e a todos os que colaboraron.

O día da festa tivemos a visita dunha contacontos que nos fixo pasar un intre divertido. Tamén recibimos a visita dun paxe que nos deixou un agasallo a cada un, todos nos puxemos moi contentos.