jueves, 24 de enero de 2008

Clases de inglés

O pasado xoves, día 17 de Xaneiro, tivemos na escola una sesión informativa por parte do director da academia Language-Trainer de Santiago, que nos explicou a súa experiencia dando talleres de inglés a nenos e nenas de 1 a 3 anos, a metodoloxía que seguen e o custe deste servizo. Resumimos a continuación os puntos mais importantes da súa charla:

- A introducción dun segundo idioma aos nenos, ou terceiro se temos en conta o galego, pode facerse dende o nacemento e é acosnsellable facelo o antes posible.

- A academia imparte talleres de inglés nas garderías Os Picariños e Raiola, e conta cunha profesora nativa que ten experiencia como coidadora de nenos destas idades, tanto no seu país coma en España.

- A recomendación para introducir o inglés en estas idades é facer talleres con grupos moi reducidos, de 6 nenos máximo, e que as sesións non duren máis de media hora.

- As sesións consisten en actividades semellantes ás que fan os nenos/as na escola: xogos, cancións,..., pero todo en inglés. A academia emprega para esto material propio e da escola (pelotas, ...).

- É recomendable que os pais e nais reforcemos a aprendizaxe dos nenos poñéndolles na casa cancións ou debuxos animados. A academia ofrécenos a posibilidade de obter copias das súas cancións.

- Os prezos por neno e mes son os seguintes:

- 1 hora semanal: 23 € para grupos de 7 nenos ou menos, e 18 para grupos máis grandes.

- 2 horas semanais: 40 € e 30 €, respectivamente.


Por outra banda, contactamos con personal da academia Kith de Vigo, que tamén aceptarían impartir os talleres de inglés. As súas características son as seguintes:

- Esta academia imparte clases de inglés, como actividade extraescolar, en centros de Educación Infantil (4 e 5 anos) e Primaria de toda Galicia, aínda que non teñen experiencia en escolas infantís de 0-3 anos. En Santiago, dan clases no colexio La Salle.

- O perfil do seu personal corresponde a un docente que viviu anos no extranxeiro e ten un nivel de inglés moi elevado; non son nativos.

- O prezo é de 35 € mensuais por 2 horas semanais, e aínda que non precisaron exactamente o prezo que correspondería a 1 hora semanal, dixeron que sería algo mais da metade dos 35 €.

Tendo en conta toda esta información, decidimos decantarnos pola primeira academia, a Language-Trainer.

En resumo, o taller de inglés dirixido aos nosos nenos constaría de 2 sesións semanais de 1/2 hora ou, preferiblemente, 3 sesións semanais de 20 minutos con grupos reducidos de 6 ou 7 nenos. Polo tanto, o prezo sería de 23 € mensuais por neno. A organización exacta dos grupos dependerá do número de nenos que se apunten.

Manterémosvos informados.

No hay comentarios: