sábado, 15 de diciembre de 2007

Festa de Nadal

A dirección da escola organizou unha pequena festa de Nadal para o próximo venres, día 21 de decembro, na que haberá un contacontos e un paxe repartirá agasallos entre os nenos e nenas. Para poder realizar esta actividade é necesario que todos colaboremos poñendo 1,5 €.
¡Tódolos pais e nais estamos invitados a esta festa!
A festa será ás 10:30 para os bebés e ás 11:00 para os nenos/as de 2-3 anos.

Menús da escola do 24-Decembro ao 25-Xaneiro

Os menús para as próximas 5 semanas son:

- 26-28 de Decembro 2007: Menú especial

- 2-4 de Xaneiro 2008: Menú especial

- 7-11 de Xaneiro 2008: Menú 3

- 14-18 de Xaneiro 2008: Menú 4

- 21-25 de Xeneiro 2008: Menú 5

Os menús da escola

O cociñeiro da escola, Carlos, explicounos as características dos menús dos nenos:

- Hai 5 menús semanais para a tempada Outono/Inverno, e estes menús van rotando, aínda que están suxeitos a cambios puntuais.

- Na zona esquerda do blog está o acceso a estes 5 menús. Para facilitar a consulta, cada 5 semanas poñeremos unha entrada no blog indicando os menús que corresponden a cada semana.

- En cada menú, a columna da dereita corresponde aos purés dos mais pequenos, e a columna da esquerda contén as comidas que non se trituran.

- Un menú dunha semana inclúe un guiso, un plato de pasta, un postre caseiro e un postre sorpresa. Normalmente son platos cun certo nivel de elaboración, para deixar que as cousas sinxelas (tortilla, croquetas, salchichas) as poidamos facer na casa. Tódolos platos son caseiros, elaborados na cociña da escola, excepto o iogur.

- Carlos recoméndanos que cociñemos con pouco sal nas nosas casas, para que os nenos se afagan a comer pouco sal. Tamén nos aconsella que lle deamos pouco zucre ou ningún.

- No seguinte enlace podedes consultar uns consellos para empezar a dar papillas aos bebés: Papillas

- Podedes deixar no blog tódolos comentarios ou dúbidas que teñades sobre a comida dos vosos fillos, Carlos ponse á nosa disposición para respondelas. Tamén podedes enviar unha mensaxe ao enderezo da Anpa.

Programa a_tempo

Na reunión que a Anpa tivo o día 4 de decembro co persoal da escola, Jose explicounos a evolución do programa a_tempo no que participa a escola:

- Nunha primeira fase, levada a cabo no primeiro trimestre do curso (setembro-decembro 2007), participaron 3 aulas: aula 0-1 de Estrella, aula 1-2 de Olivia e aula 2-3 de Aurora.

- A aplicación do programa faise en dúas etapas. En primeiro lugar, os responsables do programa convocaron a unha reunión aos pais dos nenos destas aulas; nesa reunión explicouse o obxectivo do programa e as características, e entregouse un cuestionario dirixido aos pais que serve para facer un cribado inicial, é dicir, para identificar posibles problemas. Na segunda etapa, son os coidadores os que respostan un cuestionario mais específico para cada un dos nenos identificados polo cribado inicial.

- A segunda fase do programa levarase a cabo nos meses de Xaneiro a Abril, e participarán outras 3 aulas, unha de cada idade, aínda que polo momento non está decidido cales serán.

- Por último, non é seguro que a terceira fase, na que entrarían as 3 aulas que faltan, se vaia realizar neste curso.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Despedida de Olivia (grupo 1-2)




O martes pasado, día 4 de decembro, démoslle a Olivia unha sorpresa como despedida no seu último día no centro. A última hora da mañá xuntámonos na súa aula as nais e pais dos nenos que coidaba e María, unha das cativiñas, entregoulle en nome de todos un agasallo para que se leve un recordo noso.


Tamén lle fixemos un álbum especial con unha folla de cada neno ou nena.







Todos nos emocionamos con Olivia, que se quedou moi contenta co noso detalle. Ela tamén tiña un agasallo para os seus pekerrechos, un libro para cada un. Moitas gracias Oli! e que teñas moita sorte.





¡¡NON NOS ESQUEZAS!!


Podedes acceder aquí ao álbum completo das fotos da despedida:

Álbum de fotos

Reunión da ANPA (2)

Data: 04-12-07, de 19:00 a 21:00
Lugar: Escola Infantil de Vite
Asistentes da Anpa: Mónica Fernández, Soly Santiago.
Asistentes da escola: Isabel (directora), Carlos (cociñeiro), Jose (educador).

Puntos tratados:

- Isabel presentouse e contounos o motivo da reunión e os puntos a tratar: menús do comedor, actividades que fan os nenos a diario, festa de Nadal.

- Carlos, que nos recibiu cunha bandexa de trufas riquísimas, presentounos un folleto que elaborou con propostas de menús infantís incluíndo fotos e receitas de cada plato. A súa idea é facer unha publicación sinxela dirixida aos pais. Mónica ofreceuse para maquetar o documento, que en principio poremos a disposición de todos no blog en formato pdf. Tamén tentaremos conseguir financiación para editar algunhas copias en papel.

- Carlos ponse á disposición dos pais e nais para calquera consulta ou dúbida que teñamos sobre a alimentación dos nosos fillos. Tamén nos ofrece a posibilidade de facer algún obradoiro de cociña.

- Os coidadores da escola están a elaborar o listado de actividades que fan os nosos nenos e nenas cando están na escola. Cando esté listo poñerémolo no blog.

- Preguntámoslle a Jose como vai o programa a_tempo no que participa a escola. Coa información que nos deu completaremos a entrada do blog sobre este tema.

- Propuxémoslle a Isabel a organización de clases de inglés para os nenos na escola e contamos co seu apoio. Terémosvos ao tanto do que vaiamos avanzando.

- Isabel cóntanos que a escola quere organizar unha festa de nadal para os nenos, que sería o venres 21 de decembro; a idea e traer un contacontos e que algún pai se disfrace para repartir regalos aos nenos a nenas.

- Por último, Isabel pídenos que lembremos a importancia de cumprir as normas da escola, en especial o horario de entrada.

miércoles, 28 de noviembre de 2007

Causas de exclusión da escola

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade elaborou no ano 2000 un documento de recomendacións sobre causas de exclusión en escolas infantís e colexios, para o control das enfermidades neste centros. Podedes consultar o documento completo ou unha táboa resumo, actualizados no ano 2006, nos seguintes enlaces:

- Recomendacións de exclusión en escolas infantís. Documento completo

- Recomendacións de exclusión en escolas infantís. Táboa resumo

Menús da escola ata o 21 de Decembro

Podedes consultar os menús semanais dende o 19 de novembro ata o 21 de decembro:

- 19-23 de Novembro: Menú 1

- 26-30 de Novembro: Menú 2

- 3-7 Decembro: Menú 3

- 10-14 de Decembro: Menú 4

- 17-21 de Decembro: Menú 5

jueves, 15 de noviembre de 2007

Programa a_tempo

A nosa escola participa no programa a_tempo posto en marcha pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e a Secretaría Xeral da Igualdade.

Podedes atopar mais información no seguinte enlace:

Reunión da ANPA (1)

Data: 08-11-07, de 7:00 a 8:00
Lugar: Escola Infantil de Vite
Asistentes: Álvaro Sánchez, Mónica Fernández, Mónica Rodríguez, Soly Santiago, Isolina Salgado.

Puntos tratados:

- Isolina entrega a carpeta de documentación da ANPA a Álvaro, actual presidente.

- Álvaro vai preparar un informe sobre deficiencias da escola para presentar en Vicepresidencia e na Delegación de A Coruña. O informe incluirá fotos.

- Falamos de que é necesario mellorar a comunicación coas nais e os pais, e de que as reunións non funcionan. Dámoslle o visto bo á carta preparada para entregar aos pais e nais informando sobre a ANPA, a conta de gmail e pedindo o correo electrónico. Soly e Mónica F. farán as fotocopias para entregárllelas á directora da escola.

- Comentamos sobre a táboa de actividades que poderían cubrir os coidadores para que os pais e nais esteamos informados do que fan os nosos fillos na escola. Tamén falaremos coa directora sobre esta opción.

- Soly vai a preparar un blog da ANPA para poñer información dirixida ás nais e pais. Comentamos algunhas ideas sobre o contido que pode ter.

martes, 13 de noviembre de 2007

Recortes de prensa

Aquí tendes uns recortes de prensa publicados en relación ás obras da escola:

- El Correo Gallego (31-Agosto-2007)

- La Voz de Galicia (1-Septembro-2007)

- El Correo Gallego (18-Septembro-2007)

- La Voz de Galicia (19-Septembro-2007)

- El Correo Gallego (19-Septembro-2007)

Presentación da ANPA

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) da Escola Infantil de Vite ten novos representantes dende o inicio do curso escolar 2007-2008:

Presidente: Álvaro Sánchez
Vocais:

- Mónica Fernández
- Soly Santiago

- Ángeles Piñeiro

Tamén colaboran con nós Isolina Salgado, a anterior presidenta da ANPA, e Xosé Cabido.

O obxectivo da ANPA é defender os intereses comúns de TODOS OS PAIS E NAIS da escola a través dos seus representantes, e para lograr este obxectivo é imprescindible a colaboración de todos.

Por esta razón, para facilitar a comunicación entre os pais e nais, creamos unha conta de correo electrónico que servirá como unha vía de información e contacto. O enderezo da conta é:





As funcións da ANPA están recollidas no artigo 105 do regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria (DOG do 21 de outubro de 1996):