lunes, 10 de diciembre de 2007

Reunión da ANPA (2)

Data: 04-12-07, de 19:00 a 21:00
Lugar: Escola Infantil de Vite
Asistentes da Anpa: Mónica Fernández, Soly Santiago.
Asistentes da escola: Isabel (directora), Carlos (cociñeiro), Jose (educador).

Puntos tratados:

- Isabel presentouse e contounos o motivo da reunión e os puntos a tratar: menús do comedor, actividades que fan os nenos a diario, festa de Nadal.

- Carlos, que nos recibiu cunha bandexa de trufas riquísimas, presentounos un folleto que elaborou con propostas de menús infantís incluíndo fotos e receitas de cada plato. A súa idea é facer unha publicación sinxela dirixida aos pais. Mónica ofreceuse para maquetar o documento, que en principio poremos a disposición de todos no blog en formato pdf. Tamén tentaremos conseguir financiación para editar algunhas copias en papel.

- Carlos ponse á disposición dos pais e nais para calquera consulta ou dúbida que teñamos sobre a alimentación dos nosos fillos. Tamén nos ofrece a posibilidade de facer algún obradoiro de cociña.

- Os coidadores da escola están a elaborar o listado de actividades que fan os nosos nenos e nenas cando están na escola. Cando esté listo poñerémolo no blog.

- Preguntámoslle a Jose como vai o programa a_tempo no que participa a escola. Coa información que nos deu completaremos a entrada do blog sobre este tema.

- Propuxémoslle a Isabel a organización de clases de inglés para os nenos na escola e contamos co seu apoio. Terémosvos ao tanto do que vaiamos avanzando.

- Isabel cóntanos que a escola quere organizar unha festa de nadal para os nenos, que sería o venres 21 de decembro; a idea e traer un contacontos e que algún pai se disfrace para repartir regalos aos nenos a nenas.

- Por último, Isabel pídenos que lembremos a importancia de cumprir as normas da escola, en especial o horario de entrada.

No hay comentarios: