martes, 8 de abril de 2008

Información sobre a enfermidade celíaca

O martes da semana pasada, 1 de abril, tivemos na escola unha charla sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute, impartida por Mª Teresa García Férnandez, da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA).
Ademais de facer unha interesante presentación, Mª Teresa repartiu entre os asistentes uns folletos de información que poñemos aquí por si é do voso interese:

domingo, 6 de abril de 2008

Menús da escola do 7-Abril ao 9-Maio

Os menús para as próximas 5 semanas son:
- 7-11 de Abril: Menú 1
- 14-18 de Abril: Menú 2
- 21-25 de Abril: Menú 3
- 28 de Abril-2 de Maio: Menú 4
- 5-9 de Maio: Menú 5

Anuncio do cuarto obradoiro de cociña (práctico)

“Metidos xa en fariña”: A elaboración de pan
Día: 8 de abril de 2008
Lugar: comedor da escola
Hora: 5 da tarde
Duración: 1 hora

Obxectivo:
Que os nenos e nenas de 1 a 3 anos preparen pan.
Programa:
1. Amasar
2. Dar forma
3. Levedar
4. Cocer no forno
Monitor: Juan Carlos Ulla, cociñeiro

domingo, 30 de marzo de 2008

Reportaxe do terceiro obradoiro de cociña

O martes da semana pasada, 25 de marzo, tivemos na escola o terceiro obradoiro de cociña, no que preparamos, e posteriormente degustamos, os tres pratos dun menú:
- Crema de cabaciños
- Peixe en papillote
- Froitas á prancha con chocolate

Ademais de poder ver en directo a preparación dos distintos pratos, tivemos a ocasión de colaborar con Juan Carlos na elaboración. Foi un obradoiro moi ameno e, ademais...¡todo estaba riquísimo!



Celebración do Día da Árbore

O venres 14 de marzo celebrouse na escola o Día da Árbore.

Por mediación da Anpa foi cedido á escola un lote de 45 árbores de 9 especies diferentes (5 árbores por especie) que se prantaron no xardín do patio do grupo de 2-3 anos. Na seguinte táboa podedes ver o nome das especies:

Todos os nenos e nenas de 1-2 anos e de 2-3 anos saíron ao patio, clase por clase, e cun caldeiro e unha pala axudaron a prantar as árbores e a regalas.








jueves, 27 de marzo de 2008

Charla sobre a enfermidade celíaca

O vindeiro martes, 1 de abril, teremos no centro a seguinte charla:

A enfermidade celíaca e as dietas sen gluten

Día: 1 de abril de 2008
Hora: 5 da tarde
Lugar: comedor da escola

Ponente: Mª Teresa García Fernández, enfermeira do centro de saúde de Vite. Asociación Galega de Enfermos Celíacos (ACEGA).

Estades invitados a participar todos os interesados no tema, teñades ou non vinculación coa escola infantil de Vite.


Cambio de data para as fotos

Debido a que hoxe chegou, por fin, o mobiliario do centro, e aínda está sen colocar, a directora decidiu retrasar a reportaxe fotográfica dos nenos e nenas de 0-2 anos para o vindeiro martes día 1 de abril.
No grupo de 2-3 anos vaise facer unha orla, pero aínda non está fixada a data para facer as fotos. Xa vos avisaremos.