miércoles, 16 de abril de 2008

Excursión ó Auditorio de Galicia

O venres 18 de abril, os nenos e nenas de 2-3 anos sairán de excursión para facer unha visita guiada ó Auditorio de Galicia, onde a banda de música tocará unha peza para eles, e pasearán polo parque que rodea o Auditorio.
Irán acompañados por:
- Dúas educadoras por aula,
- A directora da escola, Isabel,
- A enfermeira, Laura
- A mestra en prácticas, Miriam
- Rosa López
- Dous ou tres pais ou nais que se animen

martes, 15 de abril de 2008

Fotos do grupo 0-2 anos

Mañá mércores irá de novo o fotógrafo ao centro para repetir as fotos aos nenos e nenas que saíron mal na primeira proba.

Reportaxe do cuarto obradoiro de cociña

O martes da semana pasada, 8 de abril, tivemos na escola o cuarto obradoiro de cociña, no que un grupo de nenos e nenas entre 1 e 3 anos fixeron pan coa axuda de Juan Carlos, Isabel e os pais e nais.
Primeiro botaron a auga nun bol, a continuación o sal e a levadura en pó e, por último, a fariña...¡e a amasar! para uns foi moi divertido, a outros en cambio non lles gustou tanto manchar as mans, pero para todos foi unha boa experiencia.
Para rematar, fixemos unha merendola de pan e chocolate, co pan amasado polos cativos, ademais de outros boliños que xa tiña preparados Juan Carlos...Hummmm ¡que rico estaba todo!

martes, 8 de abril de 2008

Orla de fin de curso

A directora da escola está a organizar a elaboración dunha ORLA para os nenos e nenas de 2-3 anos, que están no seu último ano na escola. As fotos faranse o xoves 10 de abril, ás 10:30 da mañán.

Información sobre a enfermidade celíaca

O martes da semana pasada, 1 de abril, tivemos na escola unha charla sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute, impartida por Mª Teresa García Férnandez, da Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA).
Ademais de facer unha interesante presentación, Mª Teresa repartiu entre os asistentes uns folletos de información que poñemos aquí por si é do voso interese:

domingo, 6 de abril de 2008

Menús da escola do 7-Abril ao 9-Maio

Os menús para as próximas 5 semanas son:
- 7-11 de Abril: Menú 1
- 14-18 de Abril: Menú 2
- 21-25 de Abril: Menú 3
- 28 de Abril-2 de Maio: Menú 4
- 5-9 de Maio: Menú 5

Anuncio do cuarto obradoiro de cociña (práctico)

“Metidos xa en fariña”: A elaboración de pan
Día: 8 de abril de 2008
Lugar: comedor da escola
Hora: 5 da tarde
Duración: 1 hora

Obxectivo:
Que os nenos e nenas de 1 a 3 anos preparen pan.
Programa:
1. Amasar
2. Dar forma
3. Levedar
4. Cocer no forno
Monitor: Juan Carlos Ulla, cociñeiro