sábado, 21 de junio de 2008

Anuncio do segundo obradoiro de psicomotricidade cos pais e nais

O próximo mércores, 25 de xuño, como remate dos obradoiros de psicomotricidade, haberá outra sesión aberta á participación das nais e dos pais cos seus fillos/as.
Día: 25 de xuño
Hora: 5 da tarde
Lugar: sala de usos múltiples da escola
Requisitos: levar roupa cómoda e calcetíns porque hai que descalzarse
Aviso
: a próxima semana, a sesión de psicomotricidade do grupo 2-3 anos de María será o luns e lugar do xoves.

miércoles, 18 de junio de 2008

Festa de fin de curso

O venres da vindeira semana, día 27 de xuño, celebrarase na escola unha FESTA DE FIN DE CURSO, na que estamos convidados a participar todos os pais e nais e tamén os avós e avoas.
Aínda están por concretar as actividades que se farán, terémosvos informados.
¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Segundo obradoiro de nais e pais

O pasado venres día 13 tivemos na escola o segundo obradoiro de nais e pais, impartido por Julio Paz, sobre a estimulación e relaxación a través das masaxes.

Julio falounos dos beneficios das masaxes, das distintas técnicas de masaxe que existen, e deunos consellos sobre o xeito adecuado de dar masaxes aos nosos fillos/as. Tamén nos mostrou o funcionamento dun aparello profesional para dar masaxes, que probou en algún dos asistentes.

Ademais, entregóunos información xeral sobre as masaxes que podedes consultar en Wikipedia: Masaxe

Dende aquí queremos agradecerlle a Julio a súa colaboración coa escola e o tempo que nos adicou.

martes, 17 de junio de 2008

Reportaxe do quinto obradoiro de cociña

O martes da semana pasada, 10 de xuño, tivemos na escola o quinto obradoiro de cociña, no que Juan Carlos nos aprendeu a preparar tres tipos de fritos:
Tempura de verduras:
- Auga moi fría
- Sal
- Fariña
- Verduras en xuliana: cebola, porro, cenoria, cabaciño, pemento, ...
Ponse nun bol unha pouca auga, o mais fría posible, botáselle o sal, e vaise engadindo fariña e misturando coas varillas ata conseguir a textura dunha crema lixeira. Con esta crema rebózanse as verduras cortadas en xuliana e frítense en abundante aceite.

Gambas en gabardina:
- 2 claras de ovo
- Maicena
- Sal
- Gamas peladas, deixándolle a cola

Póñense nun bol as claras de ovo, botáselle sal, e vaise engadindo maicena e misturando coas varillas ata conseguir a textura dunha crema algo espesa. Con esta crema rebózanse as gambas, ás que se lle pode poñer un palillo se non teñen a cola, e frítense en abundante aceite.

Buñuelos de vento:
- 150 gr de auga
- 150 gr de margarina
- 150 gr de fariña
- Sal
- 2 ovos

Ponse a ferver a auga co sal e a margarina, e cando ferve sepárse do lume e engádese a fariña de golpe, misturando ben cunha espátula. Despois vanse engadindo os ovos un a un, ata conseguir unha crema homoxénea. Cunha culler cóllense pequenas porcións que se botan na sartén, e formarán bolas.


Todos, ata os mais pequenos, colaboramos na elaboración das receitas, e finalmente degustamos o resultado. Todo estaba riquísimo!

Menús da escola do 23-Xuño ao 24-Xullo

Os menús para as próximas 5 semanas son:
- 23-27 de Xuño: Menú 1
- 30 de Xuño-4 de Xullo: Menú 2
- 7-11 de Xullo: Menú 3
- 14-18 de Xullo: Menú 4
- 21-24 de Xullo: Menú 5

martes, 10 de junio de 2008

AVISO: cambio de data para o obradoiro de masaxes

O obradoiro de masaxes que estaba previsto para hoxe tívose que cambiar para o venres 13 (á mesma hora), a petición do pai que o vai impartir