domingo, 9 de marzo de 2008

Obradoiro de psicomotricidade

De Marzo a Xuño deste ano impartirase na Escola Infantil de Vite un obradoiro de psicomotricidade financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e impartido por Silvia Caneda da empresa Seiva (Servicios Integrais de Educación e Calidade). O proxecto pretende mellorar as posibilidades e calidades educativas do centro, de maneira que se poidan beneficiar os alumnos/as, o persoal docente e as familias.
Este obradoiro está dirixido aos nenos e nenas de 1-3 anos, que recibirán unha sesión semanal de 40 minutos. O alumnado destas idades repártese do xeito seguinte:
1-2 anos: 3 grupos de 11, 12 e 13 nenos e nenas.
2-3 anos: 3 grupos de 13, 16 e 18 nenos e nenas.
A fin de que os grupos para o obradoiro non sexan moi numerosos, o grupo mái grande (de 2-3 anos) dividirase en dous subgrupos, polo que resultan 7 grupos en total. En función destes grupos, os horarios organízanse do xeito seguinte:
Martes:
- 10:10 a 10:50: Primeiro grupo de 1-2 anos, T.E.X.I Sonia
- 11:00 a 11:40: Segundo grupo de 1-2 anos, T.E.X.I Marta
- 11:50 a 12:30: Primeiro grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Belén
Mércores:
- 10:10 a 10:50: Terceiro grupo de 1-2 anos, T.E.X.I Susana
- 11:00 a 11:40: Segundo grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Aurora López
- 11:50 a 12:30: Terceiro Grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Mª carmen Castro
Xoves:
- 10:10 a 10:50: Cuarto grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Mª Carmen Castro
O día que os vosos fillos/as teñan obradoiro é importante que leven calzado e roupa cómoda.
Tamén haberá dúas sesións de traballo cos pais e nais, dunha duración aproximada de hora e media cada unha.

1 comentario:

Concha dijo...

Noraboa pola iniciativa, pero como nai dunha nena da clase 0-1, sinto que non se inclúan os máis pequenos/as. E gustariame saber o porque.

Xa vexo que está todo moi pecho, pero gustaríame que se reconsiderara a idea de que participen tamén os pequerrechos, despois de todo non hai tanta diferencia entre nacer en decembro ou en xaneiro...