miércoles, 23 de abril de 2008

Agradecemento a Isabel

Como todos sabedes, durante os últimos meses, Isabel Buesa foi a directora da Escola Infantil de Vite, en sustitución de Gloria, que desfrutaba un permiso de maternidade.
Onte, martes 22, rematou este permiso e Isabel tivo que deixar o posto que viña ocupando. Por este motivo, dende a Anpa queremos manifestar o noso sinceiro agradecemento ó labor desenvolvido por Isabel durante o seu período como directora da nosa escola.
Nestes 6 meses, Isabel organizou festas en días sinalados, impulsou a posta en marcha de diferentes obradoiros dirixidos tanto aos cativos como aos pais e nais e, en resumo, traballou sen descanso a fin de mellorar o funcionamento do centro, promover a participación das familias na escola e favorecer a realización de actividades entre os cativos.
Este é un listado das principais actividades promovidas por ela:
- Celebración da festa de Nadal (21-12-2007)
- Celebración do Día Mundial da Paz (31-01-08)
- Celebración da festa de Entroido (01-02-08)
- Celebración do Día da Árbore (14-03-08)
- Charla sobre a enfermidade celíaca (01-04-08)
- Obradoiro de psicomotricidade para os nenos e nenas, de marzo a xuño
- Obradoiro de música para os nenos e nenas, marzo e abril
- Obradoiro de facer pan nas aulas, durante o mes de abril
- Obradoiros de cociña para pais e nais, de febreiro a abril
Por todo o seu esforzo, MOITAS GRAZAS!
-

5 comentarios:

Concha dijo...

Sumome ao agradecemento público que fai a anpa (todas e todos nós!) ao labor de Isabel.
Deséxolle o millor onde queira que vaia, que seguro que a botaron de menos mentres estivo ausente, como tamén a botaremos nós.
Agora esperamos que o ritmo non decaia.

Anónimo dijo...

yo también me sumo al agradecimiento que desde la ANPA manifestais a la labor que hizo Isabel durante estos meses, que a mi se me pasaron volando. Me parece extraordinaría su implicación con la educación de nuestros niños y más sabiendo que el puesto no era suyo (definitivo), ha tenído unas ideas fantásticas y muy provechosas, que han dinamizado mucho los días de guardería.MUCHAS GRACIAS ISABELy suerte

Anónimo dijo...

A min gustariame decir que sigo con interese as novas do blog e que me parece moi intesante a labor que estades facendo desde a Anpa. Tamén agradecer a Isabel o animo e o traballo que prestou na escola nestes meses.

cabido dijo...

Quero expresar os meus parabéns pola labor realizada por Isabel nestes meses. Penso que a súa implicación e ás actividades realizadas merece todo o noso recoñecemento.
Un saúdo e moitas grazas

Anónimo dijo...

Felicito a Isabel, por todo su trabajo aunque no siempre le han acompañado. pero como buena maestra y persona ha dejado cosas que nadie podrá borrar. Porque es única y cada maestro es una persona en la vida del niño y la niña. Espero que se siga con lo que dejo isabel y ampliando para mejorar cada día más y aportar a los niños no sólo asistencia en alimentación y cuidados, sinó enseñarles su entorno y crear actividades dirigidas para desarrolarse. Al fin y al cabo los padres queremos lo mejor para nuestros hijos y en este caso no va aser menos.! GRACIAS ISABEL! MIL VECES POR INTENTARLO, y conseguir pequeñas metas!