domingo, 9 de marzo de 2008

Reportaxe do segundo obradoiro de cociña

O martes da semana pasada, 4 de marzo, tivemos na escola o segundo obradoiro de cociña, adicado aos distintos menús que se preparan a diario na escola. Juan Carlos comenzou facendo unha presentación sobre a alimentación do neno preescolar, e mostrounos unhas cantas fotos dos pratos que prepara, e que comen os nosos nenos e nenas.
Aquí tendes un resumo do que nos contou: Resumo 2º obradoiro
Despois fixo un percorrido por cada un dos pratos que compoñen os 5 menús de outono inverno, explicounos algunhas receitas, e tivemos ocasión de preguntarlle todas as dúbidas que nos ían xurdindo.


Obradoiro de psicomotricidade

De Marzo a Xuño deste ano impartirase na Escola Infantil de Vite un obradoiro de psicomotricidade financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e impartido por Silvia Caneda da empresa Seiva (Servicios Integrais de Educación e Calidade). O proxecto pretende mellorar as posibilidades e calidades educativas do centro, de maneira que se poidan beneficiar os alumnos/as, o persoal docente e as familias.
Este obradoiro está dirixido aos nenos e nenas de 1-3 anos, que recibirán unha sesión semanal de 40 minutos. O alumnado destas idades repártese do xeito seguinte:
1-2 anos: 3 grupos de 11, 12 e 13 nenos e nenas.
2-3 anos: 3 grupos de 13, 16 e 18 nenos e nenas.
A fin de que os grupos para o obradoiro non sexan moi numerosos, o grupo mái grande (de 2-3 anos) dividirase en dous subgrupos, polo que resultan 7 grupos en total. En función destes grupos, os horarios organízanse do xeito seguinte:
Martes:
- 10:10 a 10:50: Primeiro grupo de 1-2 anos, T.E.X.I Sonia
- 11:00 a 11:40: Segundo grupo de 1-2 anos, T.E.X.I Marta
- 11:50 a 12:30: Primeiro grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Belén
Mércores:
- 10:10 a 10:50: Terceiro grupo de 1-2 anos, T.E.X.I Susana
- 11:00 a 11:40: Segundo grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Aurora López
- 11:50 a 12:30: Terceiro Grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Mª carmen Castro
Xoves:
- 10:10 a 10:50: Cuarto grupo de 2-3 anos, T.E.X.I Mª Carmen Castro
O día que os vosos fillos/as teñan obradoiro é importante que leven calzado e roupa cómoda.
Tamén haberá dúas sesións de traballo cos pais e nais, dunha duración aproximada de hora e media cada unha.

miércoles, 5 de marzo de 2008

Obradoiro de música

Esta semana empeza a impartirse na escola un obradoiro de música organizado pola directora, Isabel, e impartido por Miriam Piñeiro López, mestra en prácticas.

O obradoiro estará dirixido a todos os nenos e nenas da escola, coa seguinte programación:

- Grupo de 0-1 ano: 1 sesión semanal de 15 minutos

- Grupo de 1-2 anos: 1 sesión semanal de 60 minutos

- Grupo de 2-3 anos: 1 sesión semanal de 60 minutos

As sesións faranse os luns e venres.
O obxectivo xeral do obradoiro é desenvolver integralmente ao alumnado en todos os campos sensoriais, e os contidos específicos varían segundo a idade dos nenos e nenas:
Grupo de 0-1 anos:
- Canción clásica
- Canción moderna
- Canción contemporánea

Grupo de 1-2 anos:
- Altura dos sons
- Intensidade dos sons
- Movemento polo espazo
- Ritmo e prosodia

Grupo de 2-3 anos:
- Cancións infantís
- Conto musical
- Improvisación e substitución de xestos
- Dirección da canción aos seus semellantes

martes, 4 de marzo de 2008

Reserva de praza

Onte (4 de marzo) publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde do 27 de febreiro de 2008 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso 2008/2009. Podedes consultar toda a información no Portal de Galescolas (http://www.galescolas.net/).
A orde dirixida ao persoal de Servizos Centrais da Xunta aínda non saiu.

jueves, 28 de febrero de 2008

Anuncio do segundo obradoiro de cociña

Os distintos menús da escola (1º)

Día: 4 de marzo de 2008
Lugar: comedor do persoal
Hora: 5 da tarde
Duración: 1 hora

Obxectivo:
Coñecer os distintos menús que se elaboran a diario.

Programa:
1. Xeneralidades na elaboración dos menús.
2. As distintas dietas e particularidades.
3. 10 menús de 5 días para catro estacións.
4. Primeiros pratos, a súa composición e elaboración.
5. Segundos pratos, a súa composición e elaboración.
6. Os distintos postres: froitas, iogures e pastelería caseira.
Metodoloxía:
17:00 - Recepción no recibidor.
17:05 - Comezo,no comedor do persoal, por parte do cociñeiro: puntos 1, 2 e 3.
17:20 - Exposición dos distintos pratos e os seus comentarios.
18:00 - Remate do obradoiro.
Contémplase a posibilidade de cubrir un cuestionario.

Monitor:
Juan Carlos Ulla, cociñeiro

martes, 26 de febrero de 2008

Menús da escola do 3-Marzo ao 4-Abril

Os menús para as próximas 5 semanas son:

- 3-7 de Marzo: Menú 1

- 10-14 de Marzo: Menú 2

- 17-18 de Marzo: Menú 3

- 24-28 de Marzo: Menú 4

- 31 de Marzo-4 de Abril: Menú 5

sábado, 23 de febrero de 2008

NOVA

O BLOG DA ANPA DA ESCOLA INFANTIL DE VITE XA ESTÁ COLGADO DO PORTAL DE GALESCOLAS