jueves, 24 de abril de 2008

Tutorías de Susana

O mércores da semana pasada, 16 de abril, Susana (T.E.X.I. de 1-2 anos) adicou unha hora despois da súa xornada para recibir aos pais e nais interesados en falar con ela. Estas tutorías repetiranse periódicamente:

1.-Serán os martes, cada 15 dias

2.-O horario será de 15:00-16:00 horas

3.-Serán de carácter individualizado
A segunda reunión celebrouse o mércores 30 de abril. Podedes consultar o resumo aquí:

miércoles, 23 de abril de 2008

Agradecemento a Isabel

Como todos sabedes, durante os últimos meses, Isabel Buesa foi a directora da Escola Infantil de Vite, en sustitución de Gloria, que desfrutaba un permiso de maternidade.
Onte, martes 22, rematou este permiso e Isabel tivo que deixar o posto que viña ocupando. Por este motivo, dende a Anpa queremos manifestar o noso sinceiro agradecemento ó labor desenvolvido por Isabel durante o seu período como directora da nosa escola.
Nestes 6 meses, Isabel organizou festas en días sinalados, impulsou a posta en marcha de diferentes obradoiros dirixidos tanto aos cativos como aos pais e nais e, en resumo, traballou sen descanso a fin de mellorar o funcionamento do centro, promover a participación das familias na escola e favorecer a realización de actividades entre os cativos.
Este é un listado das principais actividades promovidas por ela:
- Celebración da festa de Nadal (21-12-2007)
- Celebración do Día Mundial da Paz (31-01-08)
- Celebración da festa de Entroido (01-02-08)
- Celebración do Día da Árbore (14-03-08)
- Charla sobre a enfermidade celíaca (01-04-08)
- Obradoiro de psicomotricidade para os nenos e nenas, de marzo a xuño
- Obradoiro de música para os nenos e nenas, marzo e abril
- Obradoiro de facer pan nas aulas, durante o mes de abril
- Obradoiros de cociña para pais e nais, de febreiro a abril
Por todo o seu esforzo, MOITAS GRAZAS!
-

Cancelación da excursión ó Auditorio

A excursión ó Auditorio de Galicia que estaba prevista para o venres pasado, 18 de abril, tivo que ser suspendida polo mal tempo. En principio só se atrasou para o martes desta semana, onte, pero finalmente tívose que suspender a causa do mal tempo.
De todos os xeitos, dende a Anpa queremos agradecer a Isabel o esforzo na organización deste actividade, e ás persoas que colaboraron con ela.

Receita da torta de zanahoria

Aquí tendes unha nova receita que nos enviou Juan Carlos:
Torta de zanahoria


Ingredientes:
- 250 grs. de zanahoria crúa e relada
- 125 grs. de manteiga ou margarina
- 100 grs. de azucre
- 1 sobre de levadura química
- 200 grs. de fariña (de trigo ou de millo)
- 2 ovos
- 60 grs. de pistachos picados (ou noces, avellanas, ...)
- unha culleradiña de canela

Preparación:
- Misturar os ovos co azucre e batelos ata que dobren o seu volume
- Engadir pouco a pouco a manteiga fundida e, a continuación, a fariña, a canela e a levadura
- Por último, incorporar de xeito envolvente as zananorias reladas e os pistachos lixeiramente troceados
- Verter nun molde untado de manteiga e fornear durante unha hora a 150º

miércoles, 16 de abril de 2008

Excursión ó Auditorio de Galicia

O venres 18 de abril, os nenos e nenas de 2-3 anos sairán de excursión para facer unha visita guiada ó Auditorio de Galicia, onde a banda de música tocará unha peza para eles, e pasearán polo parque que rodea o Auditorio.
Irán acompañados por:
- Dúas educadoras por aula,
- A directora da escola, Isabel,
- A enfermeira, Laura
- A mestra en prácticas, Miriam
- Rosa López
- Dous ou tres pais ou nais que se animen

martes, 15 de abril de 2008

Fotos do grupo 0-2 anos

Mañá mércores irá de novo o fotógrafo ao centro para repetir as fotos aos nenos e nenas que saíron mal na primeira proba.

Reportaxe do cuarto obradoiro de cociña

O martes da semana pasada, 8 de abril, tivemos na escola o cuarto obradoiro de cociña, no que un grupo de nenos e nenas entre 1 e 3 anos fixeron pan coa axuda de Juan Carlos, Isabel e os pais e nais.
Primeiro botaron a auga nun bol, a continuación o sal e a levadura en pó e, por último, a fariña...¡e a amasar! para uns foi moi divertido, a outros en cambio non lles gustou tanto manchar as mans, pero para todos foi unha boa experiencia.
Para rematar, fixemos unha merendola de pan e chocolate, co pan amasado polos cativos, ademais de outros boliños que xa tiña preparados Juan Carlos...Hummmm ¡que rico estaba todo!