jueves, 14 de febrero de 2008

Anuncio do primeiro obradoiro de cociña

O primeiro obradoiro de cociña que organiza a Anpa e a Escola Infantil de Vite ten o seguinte programa:

Coñecemento do medio: A COCIÑA

Día: 19 de febreiro de 2008
Lugar: comedor dos nenos
Hora: 5 da tarde
Duración: 1 hora

Obxectivo:
Coñecer onde se recepcionan e se elaboran os alimentos.

Programa:
1. A cociña e as súas partes.
2. A recepción das mercadorías e o seu control.
3. A almacenaxe.
4. A seguridade alimentaria: eixe fundamental. Trazabilidade, mantemento e control.

Metodoloxía:
1. Recepción e avance da actividade: directora.
2. Visita comentada das instalacións: cociña e despensa.
3. Cuestionario anónimo (xa no comedor) sobre o observado.
4. Debate.
5. Remate: directora.

Monitor:
Juan Carlos Ulla, cociñeiro

Estades todos invitados, e podedes asistir cos vosos fillos e fillas.

3 comentarios:

Unknown dijo...

Parabéns dende a Galescola de Oia por a vosa iniciativa!

Anónimo dijo...

Noraboa pola iniciativa que, vistas as fotos, parece que a aproveitástedes ben.
Ánimos a seguir traballando, a ver se podemos ir a algunha.
Lástima non ter tempo.

Anónimo dijo...

Moitas grazas, Cristina, polo teu comentario. E tamén para o anónimo.