domingo, 8 de junio de 2008

Actividade nas aulas de 1-2 anos: aprendendo a coñecer a primaveira

Estes días, cando recollía á miña filla, chamáronme a atención uns vasos de iogur que había na aula e nos que medraban unhas plantas. Pregunteille á educadora, Ana, e ela explicoume a actividade que estaban desenvolvendo:

- Como están coa unidade didáctica da primaveira, decidiron plantar unhas sementes co obxectivo de que os cativos aprendan a diferenciar as estacións.

- A actividade comenzou o día 21 de maio, cando plantaron as sementes en vasos de iogur, unha para cada neno e nena dos grupos de 1-2 anos.

- As sementes que plantaron son de caléndula e prímula, e os nenos/as réganas cada dous días mentres observan con curiosidade como medran. A todos lles encantan as súas plantiñas!

Este é o resultado:

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustaríame saber porque os pais non temos acceso o coñecemento das unidades didacticas que se estan a facer no centro. ¿Non se pode anunciar no blog as unidades didacticas que se estan a facer no centro, por grupos de idade?


Un saúdo.

Anónimo dijo...

Eu no sei se temos acceso ou non ás unidades diadácticas, porque nunca as pedín ¿ti pediches velas e negároncho? o de poñelas no blog simplemente non se nos ocorreu, pero terémolo en conta para o curso que ven