lunes, 10 de noviembre de 2008

Menús de outono-inverno 2008-09

Nota: Juan Carlos fixo algunhas modificacións nos menús da tempada outono-inverno do curso 2008-09. Nas ligazóns aos menús que están na parte esquerda do blog xa están sustituidos os menús antigos polos novos

jueves, 6 de noviembre de 2008

Reunión das educadoras de 2-3 anos cos pais e nais

A reunión foi presentada polas tres educadoras de 2-3 anos: Ana, Sonia e Susana.

Ana falou da importancia de cumprir as normas, e insistiu especialmente nas seguintes cuestións:
1.- É moi importante que os nenos/as entren puntuais pola mañá, antes das 10, porque a partir desa hora empezan as actividades nas aulas e deben estar todos dentro para que non haixa interrupcións.
2.- É fundamental que a roupa e todos os obxectos personais dos nenos e nenas (como por exemplo o chupete) estean marcados co seu nome, pois esto axudará a evitar que haixa confusións ou perdas.
3.- A roupa debe ser cómoda, e fácil de sacar para facilitar o control de esfínteres. O calzado mais axeitado é o que se cerra con velcro, porque evita as caídas que se producen ao pisar cordóns.
4.- É recomendable que as nenas non leven coletas que elas poidan quitarse, porque perden as gomas e outros nenos poden tragalas. E sobre todo non deberían levar pinzas no pelo.
5.- É mellor evitar que os nenos/as leven cadenas, pulseiras ou pendentes.
6.- Por seguridade, se unha persoa distinta á habitual vai recoller o neno ou nena, débese avisar con antelación dando o seu nome e o DNI.

Sonia contou o contido da unidade didáctica que están desenvolvendo neste primeiro trimestre, a do outono:
- Nas primeiras semanas, as actividades que fixeron estaban encamiñadas a que os nenos/as se adaptaran e coñeceran ben o centro.
- Agora fan actividades para aprender hábitos e costumes e coñecer as partes do corpo, entre outras.
- Para as actividades do outono é importante a colaboración dos pais e nais, levando follas secas e froitos desta estación. Precisan bastantes follas secas para poder facer unha alfombra con elas.
- No mes de novembro, cando o tempo o permita, van facer un magosto, no que prepararán castañas cocidas e asadas para que os nenos e nenas as proben das dúas formas e vexan a diferenza.

Susana comentou principalmente dúas cuestións:
- Para a aprendizaxe dos nenos/as son moi importantes as rutinas. Eles aprenden os hábitos a base de repetición das mesmas cousas todos os días: por exemplo, lavar as mans antes de comer, comer sós, etc. Para a consolidación destes hábitos é fundamental a colaboración dos pais e nais, que debemos seguir na casa as mesmas rutinas que teñen na escola, na medida do posible. Por esta razón, pedirémoslle que nos pasen un listado das rutinas que debemos ter en conta e publicarémolas no blog.
- Para calquera cuestión ou dúbida que queiramos aclarar coa educadora do noso fillo/a podemos solicitar unha titoría con ela. As titorías serán no seu horario de traballo (pola mañán) polo que deben ser solicitadas en Dirección cunha antelación de dous ou tres días para que poidan organizar a atención do seu grupo con persoal de apoio.

Novo calendario de vacinación infantil

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia actualizou recentemente o calendario de vacinación infantil. O calendario oficial actual (para os menores de 3 anos) é o seguinte:


Receita de bolos suizos

Juan Carlos enviounos a seguinte receita:

BOLOS SUIZOS


Ingredientes:

- 500 g. fariña
- 30 g. levadura de panadería (prensada)
- ¼ l. de leite
- 40 g. manteiga ou margarina
- 50 g. azucre
- 2 ovos
- 1 culleradiña de sal
- reladura de medio limón e de ½ laranxa


Preparación:

- Nun recipiente botar o leite tibio, o azúcre e a levadura prensada desmenuzada e misturar ben. Engadir un pouco de fariña, misturar e deixar repousar tapado ata que a levadura empece a fermentar.

- Chegado ese momento, engadir o sal, a manteiga fundida, os ovos e as reladuras de laranxa e limón xunto co resto da fariña. Amasar ata que a masa deixe de estar pegañosa.

- Golpear a masa sobre a mesa, untada cun pouco de aceite de xirasol para que non se pegue, unhas cantas veces ata que quede suave e empecen a aparecer ampollas na masa. Tapar cun pano e poñela a levedar (subir) nun ditio resgaradado de correntes ata que alcance o dobre do seu volume.

- Facer bolas duns 40 g. E poñelas de novo a levedar sobre unha bandexa engraxada ou sobre papel de forno ata que dobren o seu volume.

- Cando medren, pintar os bolos con coidado con ovo batido, facerlles uns cortes cunhas tixeiras ou cun coitelo afiado, espolvorear con azúcre e cocer no forno (que teremos prequentado a 200/200º) durante uns 25-30 minutos.

Notas:

- Podemos sustituir a manteiga ou margarina por aceite de oliva ou xirasol no que podemos fritir lixeiramente a pel de ½ laranxa e de ½ limón, deixándoo atemperar antes de botalo co resto de ingredientes.

- Tamén podemos sustituir o leite por auga, se queremos que nos salgan máis pálidos. Polo contrario, se nos gustan os bolos máis oscuros, debemos deixar o leite e, ademia, pintalos so coa xema en lugar do ovo enteiro.

- A cantidade de fariña pode variar un pouco en + ou -, en función da fortaleza e humidade de esta. A masa resultante debe ser blanda e suave. Sabremos que unha fariña é forte (propia para masas e bolería que teñan que subir) cando ao coller un puñado e abrir a man a fariña desmorónase. Se, polo contrario, a fariña permanece apelmazada estaremos ante una fariña floxa, axeitada para fritos, cremas, bechameles, etc.

- Esta fómula, con pequenas variacións serve para: o roscón, as trenzas, os bolos de leite, os panecillos de manteiga, a larpeira etc.

Menús da escola do 10-Novembro ao 12-Decembro

Menús para as próximas 5 semanas:
- 10-14 de Novembro: Menú 1
- 17-21 de Novembro: Menú 2
- 24-28 de Novembro: Menú 3
- 1-5 de Decembro: Menú 4
- 9-12 de Decembro: Menú 5

jueves, 30 de octubre de 2008

jueves, 9 de octubre de 2008

Menús da escola do 6-Outubro ao 7-Novembro

Juan Carlos xa sustituiu os menús de primavera-verán 2008 polos novos menús do outono-inverno 2008-09. Estes menús están dispoñibles en pdf na parte esquerda do blog.
Os menús para as próximas 5 semanas son:

- 6-10 de Outubro: Menú 1
- 13-17 de Outubro: Menú 2
- 20-24 de Outubro: Menú 3
- 27-31 de Outubro: Menú 4
- 3-7 de Novembro: Menú 5