lunes, 10 de noviembre de 2008

Menús de outono-inverno 2008-09

Nota: Juan Carlos fixo algunhas modificacións nos menús da tempada outono-inverno do curso 2008-09. Nas ligazóns aos menús que están na parte esquerda do blog xa están sustituidos os menús antigos polos novos

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Estos menus non me parecen adecuados para estes nenos,pareceme que comen moitos fritos (chulas,peixe rebozado) e acompañar o peixe ou o polo con salsa de tomate ou con leituga cando de primeiro tomaron unha sopa penso que e un menu un pouco froxo. Ademais penso que son comidas moi innovadoras para uns nenos que estan escomenzando a comer solido. Vos que pensades?

Anónimo dijo...

Mirando os menús 1 e 2 desta tempado hai fritidos duas veces na semana. Non me parece esaxerada a frecuencia de fritidos, ainda que tampouco me gustaría que aumentase.
Eso si, preocupariame que o aceite non fose de oliva e se reutilizara indefinidamente.
En canto a se son innovadoras... Para eles todo é novidade. A min si me gusta que proben cousas novas, ou polo menos teñan a posibilidade de facelo, que xa eles/as escollerán o que queren comer.
Concha

Anónimo dijo...

Eu o primeiro que queria dicir e que sintome moi contenta de que esta escola teña ese cociñeiro, polo seu interese e o seu saber facer, pero en algunhas ocasions tamén teño a sensacion de que algunas cousas son un pouco complexas para nenos tan cativos como os nosos.
Un saudo.

Anónimo dijo...

A min parecenme uns menús estupendos, moi variados e fáciles de complementar de forma sinxela por nos o fin de semana e as cenas.
Ademáis canta máis amplitude de cousas proben os nenos é moito mellor para eles que aprenden a probar de todo, que ás veces os pais temos un repertorio de platos máis escaso e acabarían comendo sempre o mesmo.
E non me parecen nada frouxos, non se trata de embutir ós nenos, e ademáis asiña chega a hora da merenda.
Un saúdo. Lucía