jueves, 20 de noviembre de 2008

Os Hábitos na escola

Escrito por Sonia, educadora do grupo de 2-3 anos:

Os hábitos son pautas de comportamento que axudan aos nenos e nenas a construir a súa propia autonomía e fan posible a convivencia cos demais. A medida que se automatizan unha serie de hábitos, o neno pode avanzar na adquisición de novas aprendizajes.

O traballo dos hábitos na escola abrangue varios ámbitos:


- Vestido: recoñecer a propia roupa, gardala e colaborar no feito de vestirse.


- Xantar: sentarse na mesa correctamente, beber polo vaso, control da culler e do garfo, saber comer sós.


- Hixiene: lavar as mans e a cara antes e despois de comer, sentarse no orinal ata conseguir ir ao baño de forma autónoma.


- Sono: ser capaz de conciliar o son osos, sen a presencia de luz ou xoquetes.


- Traballo: coidar o material e saber recollelo, prestar atención nas tarefas.


- Sociabilidade: falar sen berrar, agardar quenda, compartir material, saudar, despedirse e pedir por favor, resolver os conflictos sen agresións.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Sonia!
Alégrome moito da vosa participación nos blogues da Escola, así como da colaboración c oa ANPA á que tamén felicito pola labor que fai.

ANPA da Escola Infantil de Vite dijo...

A Anpa tamén agradece a colaboración das educadoras, e anima a todas/os a participar. O blog facémolo todos! Estamos á disposición dos que teñan algo que aportar