jueves, 6 de noviembre de 2008

Reunión das educadoras de 2-3 anos cos pais e nais

A reunión foi presentada polas tres educadoras de 2-3 anos: Ana, Sonia e Susana.

Ana falou da importancia de cumprir as normas, e insistiu especialmente nas seguintes cuestións:
1.- É moi importante que os nenos/as entren puntuais pola mañá, antes das 10, porque a partir desa hora empezan as actividades nas aulas e deben estar todos dentro para que non haixa interrupcións.
2.- É fundamental que a roupa e todos os obxectos personais dos nenos e nenas (como por exemplo o chupete) estean marcados co seu nome, pois esto axudará a evitar que haixa confusións ou perdas.
3.- A roupa debe ser cómoda, e fácil de sacar para facilitar o control de esfínteres. O calzado mais axeitado é o que se cerra con velcro, porque evita as caídas que se producen ao pisar cordóns.
4.- É recomendable que as nenas non leven coletas que elas poidan quitarse, porque perden as gomas e outros nenos poden tragalas. E sobre todo non deberían levar pinzas no pelo.
5.- É mellor evitar que os nenos/as leven cadenas, pulseiras ou pendentes.
6.- Por seguridade, se unha persoa distinta á habitual vai recoller o neno ou nena, débese avisar con antelación dando o seu nome e o DNI.

Sonia contou o contido da unidade didáctica que están desenvolvendo neste primeiro trimestre, a do outono:
- Nas primeiras semanas, as actividades que fixeron estaban encamiñadas a que os nenos/as se adaptaran e coñeceran ben o centro.
- Agora fan actividades para aprender hábitos e costumes e coñecer as partes do corpo, entre outras.
- Para as actividades do outono é importante a colaboración dos pais e nais, levando follas secas e froitos desta estación. Precisan bastantes follas secas para poder facer unha alfombra con elas.
- No mes de novembro, cando o tempo o permita, van facer un magosto, no que prepararán castañas cocidas e asadas para que os nenos e nenas as proben das dúas formas e vexan a diferenza.

Susana comentou principalmente dúas cuestións:
- Para a aprendizaxe dos nenos/as son moi importantes as rutinas. Eles aprenden os hábitos a base de repetición das mesmas cousas todos os días: por exemplo, lavar as mans antes de comer, comer sós, etc. Para a consolidación destes hábitos é fundamental a colaboración dos pais e nais, que debemos seguir na casa as mesmas rutinas que teñen na escola, na medida do posible. Por esta razón, pedirémoslle que nos pasen un listado das rutinas que debemos ter en conta e publicarémolas no blog.
- Para calquera cuestión ou dúbida que queiramos aclarar coa educadora do noso fillo/a podemos solicitar unha titoría con ela. As titorías serán no seu horario de traballo (pola mañán) polo que deben ser solicitadas en Dirección cunha antelación de dous ou tres días para que poidan organizar a atención do seu grupo con persoal de apoio.

No hay comentarios: