viernes, 21 de noviembre de 2008

Reunión das educadoras de 1-2 anos cos pais e nais

As educadoras das aulas de 1-2 anos, Aurora López, Estrella e Elvi, fixeron e pasáronnos o seguinte resumo da reunión que tiveron cos pais e nais o mércores 5 de novembro.

Na reunión tratamos os seguintes temas:
- Como foi o período de adaptación nas tres aulas e a valoración do mesmo.
- As actividades que se van levar a cabo neste trimestre, que van ser as seguintes:
- O magosto
- O outono
- O Nadal
Para realizar estas actividades pedimos a colaboración dos pais/nais para que, coa axuda dos seus fillos e fillas recollan follas secas e ourizos de castañas.
Cos ourizos aprenderémoslle aos nenos onde están escondidas as castañas, pisándoas cos pes.
Coas follas secas o que faremos será metelas nunca funda de plástico para que se tiren enriba. Tamén queremos que as vexan, as collan, as levanten, escoiten o ruído que fan, etc.
Outra actividade que faremos coas follas será encher o patio cuberto de abaixo e esconderse nelas, tiralas ao aire, darlles co pe, etc.
Celebraremos o magosto vendo as castañas crúas, cocidas e asadas. Asaremos as castañas no patio de abaixo, facendo un pequeño lume con candea, e comerémolas.
- Tamén pedimos a colaboración dos pais e nais na recollida de materiais caseiros que empregaremos para levar a cabo, no vindeiro trimestre, o xogo heurístico. Este xogo farémolo na aula de durmir.
- Por último, recordamos a importancia de cumprir as normas do centro.

No hay comentarios: