domingo, 15 de febrero de 2009

PLan de actividades para o grupo de 0-3 para a semana do 16 0 20 de febreiro 2009

Queridos nais e pais..¡¡¡ O entroido xa está aquí!!!!


Para celebralo a semana do 16 ao 20 de febreiro dedicarémola a dísfrazarnos, a xogar co cambio de imaxe, a ser outras personaxes. Proporcionandolles información aos cativos sobre o seu corpo e poñendolles roupa e outros elementos, de xeito cos nenos poidan contemplar a imaxe do seu corpo e as transformacións que éste pode experimentar.

Para iso necesitamos da vosa axuda. Cada día as nenas e nenos deberán traer posto un obxecto diferente para disfrazarse, de tal xeito que:

* Luns traeremos posto un GORRO (o mais vistoso posible)

*Martes unha GARABATA.

*Mércores pinterémonos a cara na aula.

*Xoves poderemos vír disfrazados do que queiramos.

*Venres ¡¡¡¡¡FESTA!!!! Todos co noso traxe de caramelo.

Lembrade traelo o disfraz de caramelo ao centro antes do vernes e ese día vide cas medias xa postas da casa.

Un saudo e grazas pola vosa colaboración.

martes, 9 de diciembre de 2008

BLOGUE DA ESCOLA

A Escola Infantil de Vite xa o ten o seu propio blogue no portal de Galescolas.
A Anpa felicita á escola pola iniciativa, agardamos que ese blogue sexa un complemento ao noso e animamos aos responsables a seguir traballando para facer medrar o blogue día a día. Parabéns!
O enderezo para acceder ao blogue é o seguinte:

Anuncio do segundo obradoiro de cociña

"A cociña": acercamento lúdico ó Nadal elaborando cos nenos e nenas as nosas propias golosiñas

Día: 18 de decembro de 2009
Hora: 5 da tarde
Duración: 1 hora (ou algo mais)

Obxectivo: elaborar cos nen@os as nosas propias golosiñas de Nadal, o seu envasado e etiquetado.
Metodoloxía:
1. Ante todo: mans limpas
2. Os ingredientes
3. A elaboración
4. O envasado e etiquetado
Monitor
: Juan carlos Ulla, cociñeiro
Tentaremos facer, envasar e etiquetar:

Boliñas de coco e leite
Ingredientes: coco relado, leite condensada

Ruliños de galleta e noces
Ingredientes: galletas moídas, noces moídas e leite condensada, vermicwelli de azúcre

Figuriñas mazapán
Ingredientes: mazapán (almendra moída, azúcre), ovo

Panellest de piñóns
Ingredientes: améndoa moída, clara de ovo, azúcre lustre, piñóns, xema

Anuncio do primeiro obradoiro de cociña do curso 2008-09

Iniciánse os obradoiros de cociña do curso 2008-09 dirixidos aos pais e nais do centro.

Primeiro obradoiro de cociña

“Coñecemento do medio: A COCIÑA”

Día: 11 de decembro de 2009
Lugar: comedor da escola
Hora: 5 da tarde
Duración: 1 hora

Obxectivo: Coñecer onde se reciben e se elaboran os alimentos.
Programa
:
1. A cociña e as súas partes
2. A recepción das mercadorías e o seu control
3. A almacenaxe
4. A seguridade alimentaria: eixe fundamental. Trazabilidade, mantemento e control

Metodoloxía:
1. Recepción e avance da actividade: Gloria (directora)
2. Visita comentada das instalacións: cociña e despensa
3. Cuestionario anónimo ( xa no comedor) sobre o observado
4. Debate
5. Remate: Gloria

Monitor: Juan Carlos Ulla, cociñeiro

Os pais e nais que o dexesen poden acudir cos seus fillos/as.

sábado, 22 de noviembre de 2008

Reportaxe fotográfica na escola

Nota da directora:
O próximo día 27 de Novembro virá ó centro un fotógrafo coa finalidade de facer unha reportaxe fotográfica ós nenos/as. O prezo da reportaxe é de 20 euros.

INCLÚE:

- Foto lienzo
- Foto de grupo
- Calendario con foto


Os pais que non queiran que se lle fagan as fotos ó seu fillo/a, deben comunicarllo á súa educadora.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Reunión das educadoras de 1-2 anos cos pais e nais

As educadoras das aulas de 1-2 anos, Aurora López, Estrella e Elvi, fixeron e pasáronnos o seguinte resumo da reunión que tiveron cos pais e nais o mércores 5 de novembro.

Na reunión tratamos os seguintes temas:
- Como foi o período de adaptación nas tres aulas e a valoración do mesmo.
- As actividades que se van levar a cabo neste trimestre, que van ser as seguintes:
- O magosto
- O outono
- O Nadal
Para realizar estas actividades pedimos a colaboración dos pais/nais para que, coa axuda dos seus fillos e fillas recollan follas secas e ourizos de castañas.
Cos ourizos aprenderémoslle aos nenos onde están escondidas as castañas, pisándoas cos pes.
Coas follas secas o que faremos será metelas nunca funda de plástico para que se tiren enriba. Tamén queremos que as vexan, as collan, as levanten, escoiten o ruído que fan, etc.
Outra actividade que faremos coas follas será encher o patio cuberto de abaixo e esconderse nelas, tiralas ao aire, darlles co pe, etc.
Celebraremos o magosto vendo as castañas crúas, cocidas e asadas. Asaremos as castañas no patio de abaixo, facendo un pequeño lume con candea, e comerémolas.
- Tamén pedimos a colaboración dos pais e nais na recollida de materiais caseiros que empregaremos para levar a cabo, no vindeiro trimestre, o xogo heurístico. Este xogo farémolo na aula de durmir.
- Por último, recordamos a importancia de cumprir as normas do centro.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Os Hábitos na escola

Escrito por Sonia, educadora do grupo de 2-3 anos:

Os hábitos son pautas de comportamento que axudan aos nenos e nenas a construir a súa propia autonomía e fan posible a convivencia cos demais. A medida que se automatizan unha serie de hábitos, o neno pode avanzar na adquisición de novas aprendizajes.

O traballo dos hábitos na escola abrangue varios ámbitos:


- Vestido: recoñecer a propia roupa, gardala e colaborar no feito de vestirse.


- Xantar: sentarse na mesa correctamente, beber polo vaso, control da culler e do garfo, saber comer sós.


- Hixiene: lavar as mans e a cara antes e despois de comer, sentarse no orinal ata conseguir ir ao baño de forma autónoma.


- Sono: ser capaz de conciliar o son osos, sen a presencia de luz ou xoquetes.


- Traballo: coidar o material e saber recollelo, prestar atención nas tarefas.


- Sociabilidade: falar sen berrar, agardar quenda, compartir material, saudar, despedirse e pedir por favor, resolver os conflictos sen agresións.